Kiko Rivera fai bailar a Portonovo
Por Redacción
Kiko Rivera actuou onte á noite en Portonovo xerando unha gran expectación entre o público. Segundo el mesmo sinalou cúmprense 10 anos desde que empezou como DJ. "Pues sí. He logrado una de mis metas y se la dedico a todos los que me han apoyado para conseguirla. Allá por el año 2012 nadie creía en mi, todos pensaban que era un capricho, que no llegaríamos muy lejos", sinalou Rivera.
"A día de hoy llevamos 10 años en la industria de la música y siempre he sido el mismo y siempre seguiré siéndolo", engadiu orgulloso.
"Me han rechazado mucho y hoy en día siguen haciéndolo, muchos de ellos considerándolos amigos y alguno de ellos serán tan falsos que le darán me gusta a la foto, otros sin dudarlo han colaborado conmigo y se han convertido en parte de mi familia de una manera u otra. Sin más Gracias a cada uno de vosotros que me habéis apoyado durante estos 10 años! Vamos a por otros 10", terminou dicindo.
SEGUEN AS FESTAS
O 16 de agosto, coincidindo coa celebración de San Roque, pola mañá celebrarase o tradicional encontro de imaxes da capela de Portonovo e a igrexa de Adina no lugar da Ponte. Ás 13 horas, a Casa de Don Fernando acollerá a actuación da Banda de Música de Meaño. Ás 19 horas haberá música e procesión na capela de Portonovo. A partir das 23 horas, a verbena correrá a cargo da orquéstra Cubo e, a partir das doce da noite, realizarase a tradicional tirada de fogos de artificio. Tras os lumes, actuará a exconcursante de Operación Triunfo Soraya Arnelas.
O 17 de agosto, Día do Carmen, a banda de Música de Redondela ofrecerá un concerto na contorna da capela de Portonovo, ás 13 horas. Ás 19 horas, celebrarase a tradicional misa e procesión. Ás 23 horas, a verbena correrá a cargo da orquestra Cinema e dun grupo de mariachis.
O broche final á actividade festiva será o 18 de agosto co Día do Can. Ás 17 horas realízanse xogos tradicionais no porto (carreiras de sacos, carretillas, pau de sebo, carreira de botes…)
Tras concluír os xogos, ao redor das 20:30 horas, realizarase o popular desfile de cans no porto. Un concurso no que se premiará con 150, 100 e 50 euros aos mellores disfraces e posta en escena. A inscrición na proba realízase no mesmo día. Ás 22:15 orquestras Tango de Vigo e o Combo Dominicano poñerán o final de festa da programación.