Límpanlle o bolso mentres limpaba a igrexa
Por Redacción
Unha traballadora da igrexa de San Bartolomeu estaba limpando o templo cando supostamente o que quedou ben limpo foi o seu bolso. O 23 de novembro denunciou que foi vítima dun hurto. Alguén entrou, colleulle a carteira e deixouna sen 415 euros.
Segundo informou a Comisaría Provincial, axentes da Policía Nacional detiveron unha veciña de Pontevedra de 24 anos de idade con antecedentes policiais por un delito de furto por supostamente roubar a carteira da limpadora.
A suposta vítima denunciou que estaba realizando labores de limpeza no interior da igrexa cando a agora detida accedeu ao cuarto onde gardaba as pertenzas e lle substraeu a carteira do interior dun bolso no que portaba documentación, tarxetas e 415 euros en efectivo.
A raíz da denuncia iniciáronse as investigacións para tratar de pescudar a identidade do presunto autor dos feitos. Tres días máis tarde, o 26 de novembro, identificouse á suposta responsable e detivérona nas inmediaciones da zona da Parda.