Avaría na rede xeral de abastecemento de auga de Portonovo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Operarios da empresa Espina y Delfín, concesionaria da xestión do servizo da auga en Sanxenxo, tiveron que reparar este mércores unha avaría na rede xeral de abastecemento de Portonovo.
Desde o Concello de Sanxenxo avisaron que os usuarios puideron notar mentres non se solucionou a avaría cortes puntuais ou baixadas de presión.
O Concello informou ás 16.30 horas que a incidencia no subministro xa estaba resolta.
Esta incidencia prodúcese en plena prealerta por seca en toda a conca do Lérez, que obrigou aos municipios que se abastecen deste río, entre eles o de Sanxenxo, a adoptar restricións para aforrar no consumo da auga.