Seis empresas rivalizan para facerse coa reforma do viario perimetral de Barcelos

Por Oskar Viéitez
A mesa de contratación do Concello de Pontevedra abriu xa as ofertas económicas para a execución do proxecto de reforma dos viais perimetrais da Praza de Barcelos. Presentáronse seis empresas: Casas, Xestión Ambiental de Contratas, Covsa, Prace, Elsamex e Oresa.
Cun orzamento de 2,7 millóns de euros a executar en dúas anualidades, o plan inclúe a reforma integral de todos os servizos soterrados como o saneamento, o abastecemento ou a rega; así como a renovación da iluminación e de parte do arboledo.
Como mellora, o proxecto recolle a recolocación do transformador do centro educativo da praza, que abandonará as dependencias escolares e pasará a estar soterrado mellorando así a seguridade da comunidade educativa.
Aínda que aínda non existe data para o inicio dos traballos, dependerá do tempo que se alongue o proceso de adxudicación, a idea da concellería de Obras Urbanas que dirixe Demetrio Gómez é que as obras comecen ao longo deste ano. Ademais, os traballos servirán para crear uns 35 empregos.
Relacionadas:
-
Comezan as obras nas vías perimetrais de Barcelos, que durarán un ano
Por Oskar Viéitez |
-
A reforma das vías perimetrais de Barcelos, nas mans dunha empresa de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
A reforma do viario perimetral de Barcelos entran en fase de contratación
Por Manu Otero |
-
O Concello de Pontevedra e a Deputación asinan o convenio para a remodelación do viario perimetral da praza de Barcelos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |