As obras da senda peonil O Vinquiño-Contumil concluirán en dúas semanas
Por Redacción
A zona de maior equipamento público de Nantes experimentará nos próximos dous meses unha importante transformación con dúas actuacións: A senda peonil O Vinquiño-Contumil e o peche e dotación de vestiarios da pista polideportiva. Dúas obras valoradas en case 757.000 euros que mellorarán a seguridade viaria e a confortabilidad do pavillón.
Os traballos da senda avanzan a bo ritmo e espérase que estean concluídos no prazo de dúas semanas. A senda xa se atopa transitable en máis dun 95% do percorrido e xa se actuou na rede de saneamento, coa colocación dunha tubaxe de pluviais de PVC e os correspondentes pozos de rexistro e sumidoiros. A obra inclúe a dotación de iluminación pública con 35 puntos de luz, un cada 30 metros, con luminarias led de alta potencia que xa están colocadas ao longo da senda xa executada.
Na zona atopase o CEIP de Nantes, as instalacións do Centro Cultural Deportivo de Sanxenxo, a Casa de Cultura, o local da Comunidade de Montes e unha ampla zona deportiva e lúdica, así como o campo de billarda, espazo cedido polos comuneiros de Nantes.
Nas próximas dúas semanas, crearase unha área de convivencia no tramo intermedio coa pavimentación igual á da senda peonil. Nesta zona plantaranse varias árbores, e colocaranse uns bancos de madeira e unhas papeleiras, para que os viandantes poidan descansar e retomar forzas.
En canto á pista polideportiva de Nantes, a obra estará concluída para o inicio do próximo curso escolar á espera dos últimos detalles nos vestiarios e a colocación da carpintería exterior. A carpintería exterior levará a cabo con aluminio anodizado en cor e contempla 15 xanelas (cinco de corredera) e un total de 14 portas para os baños, as entradas e o almacén.
Con estas obras de peche e vestiarios, Sanxenxo gaña un novo espazo deportivo en Nantes. Cabe lembrar que a pista se construíu sobre unha parcela de terreo comunal que foi cedida á administración local para a execución do pavillón, un equipamento moi demandado pola comunidade educativa de Nantes.
Relacionadas:
-
Avanzan sen problemas as obras na rotonda do Vinquiño e no vial de Contumil
Por Oskar Viéitez |
-
A pista entre Noalla e O Castro (Vilalonga) será reasfaltada
Por Redacción |
-
O Concello de Sanxenxo ten en execución obras por 2,7 millóns de euros en catro parroquias do municipio
Por Redacción |
-
Comezan as obras na pista polideportiva do Colexio de Nantes
Por Redacción |
-
Comezan os traballos para crear a senda peonil entre O Vinquiño e Contumil
Por Redacción |
-
A humanización do vial que une O Vinquiño e Contumil custará medio millón de euros
Por Redacción |