Deteñen un home no seu coche por violencia de xénero, dá positivo por drogas e descobren que non ten carné nin seguro
Por Redacción
A Policía Nacional detivo o pasado sábado 24 de xullo en Vilagarcía de Arousa un mozo acusado dun presunto delito de violencia de xénero.
Sucedeu pasadas as 22.00 horas da noite. Trátase dun home de 26 anos, con domicilio habitual en Caldas de Reis, ao que unha patrulla deulle o alto mentres conducía un Seat Ibiza.
Este feito, o estar conducindo, desencadeou nunha serie de denuncias administrativas por varias infraccións.
Ao comprobar que carecía de permiso de circulación a Policía Nacional puxo en coñecemento do sucedido á Policía Local. Ademais tampouco tiña seguro obrigatorio e nas probas ás que foi sometido deu resultado positivo en cocaína, THC, anfetaminas e metanfetaminas.
Xunto ás dilixencias abertas por un presunto delito de violencia de xénero, o detido enfróntase a outras dilixencias por consumo de substancias prohibidas, ademais da sancións administrativas por non contar con carné e seguro.
Doutra banda a Policía Local de Vilagarcía realizou dúas intervencións máis na que se localizou a condutores aos que se lle retirou o carné de cirtculación por perda de puntos.
O primeiro deles foi o sábado 23 de agosto, cando axentes da Policía Nacional presenciaron como unha motocicleta adiantaba coches na Avenida Rosalía de Castro saltándose a liña contínua. Tratábase dun veciño de Vilagarcía de 46 anos. En canto ao segundo a Policía Local deu o alto a un vehñiculo na Avenida Rivero de Aguilar o día 25 de xullo que estaba pilotado por un home de 29 anos que foi denunciado por un presunto delito contra a seguridade viaria.