Sanxenxo solicita a cesión dos edificios de Capitanía Marítima e Instituto da Mariña para uso social
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo remitiu este venres unha solicitude ao Ministerio de Inclusión Social, Seguridade Social e Migración e á Tesourería Xeral da Seguridade Social para a cesión de espazo das actuais dependencias destinadas a Capitanía Marítima e Instituto Social de Marina.
O obxectivo é unificar nun mesmo espazo o Club de Xubilados de Portonovo e ao Club de Xubilados de Sanxenxo para fomentar a interacción social e a colaboración entre ambos os colectivos, polo que o Concello solicita que se amplíe a cesión deste espazo, que ten dúas plantas e 343 metros cadrados.
A cambio, o Concello poñería ao dispor do Instituto Social da Mariña e de Capitanía Marítima unhas instalacións para a recolocación das súas dependencias, "comprometéndose a realizar as obras que fosen precisas para o seu acondicionamento".
Segundo indicaron desde a casa do concello, tras o estudo e análise da poboación desenvoltos polos servizos sociais municipais, consideraron como "unha das prioridades asistenciais a prestación de distintos servizos ás persoas maiores, tanto desde unha vertente asistencial como desde unha vertente preventiva".
Neste sentido, Sanxenxo formalizou varias actividades que buscan mellorar a autonomía, socialización e saúde das persoas maiores, co obxectivo de promocionar a súa autonomía persoal e facilitar o desenvolvemento da súa vida diaria.