A City londiniense abre as súas portas aos viños de Rías Baixas
Por Redacción
Un total de 250 prescriptores participaron este luns en Londres nunha presentación de viños que, por primeira vez, organizaba a Denominación de Orixe Rías Baixas e á que acudiron 13 adegas con corenta marcas.
Tamén resultou todo un éxito a Masterclass paralela na que estiveron presentes cincuenta e cinco prescriptores do Reino Unido e que foi impartida polo Marster of Wine anglosaxón, grande experto en viños do mundo e tamén nos españois, Peter McCombie. Nela catáronse un total de 13 viños, unha marca pertencente a cada unha das adegas participantes na presentación de viños londiniense.
Bodegueiros de Rías Baixas, así como o presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araujo; e o seu secretario, Ramón Huidobro Vega, desprazáronse ata a cidade do Támese para participar nesta primeira presentación da D.O. Rías Baixas.
Entre as dez e as cinco da tarde, os viños de Rías Baixas protagonizaron un acto no Glaziers Hall con prescriptores anglosaxons (importadores, distribuidores, sumilleres, xefes de cociña...), que, ademais, puideron gozar dunha degustación-maridaxe dos Rías Baixas con tapas durante a que se demostrou a gran versatilidade destes viños atlánticos.
Reino Unido xa conta cunha importante presenza no devandito mercado, segundo nas exportacións desta denominación de orixe e primeiro no continente europeo. O éxito conseguido permitirá a esta Denominación de Orixe organizar outras actividades deste tipo: "Reino Unido es un mercado lo suficientemente maduro en su conocimiento de los vinos de Rías Baixas, así que nosotros éramos optimistas con el resultado de esta primera experiencia, que esperamos que sea la primera de muchas en otros mercados internacionales en los que tengamos cierta presencia", explica a directora de Mercadotecnia da D.O., Eva Mínguez.
Dentro do top-10 dos principais destinos dos viños de Rías Baixas nos mercados internacionais, o Reino Unido ocupa a segunda posición, que se converte en primeira se nos centramos no continente europeo. Durante a última campaña 2012-13, esta Denominación de Orixe exportou 659.746 litros a Reino Unido, un 15,8% máis que na campaña anterior.