Este mércores está prohibido aparcar no centro de Vilagarcía pola limpeza de varias rúas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Este mércores 20 de novembro continúa a segunda fase da campaña de limpeza no centro de Vilagarcía. Desta forma, o Concello de Vilagarcía alerta de que non se pode estacionar nas rúas que conforman o triángulo formado por Ravella, San Roque e a Praza da Independenza.
O operativo comezará coa intervención da maquinaria de limpeza de Cespa a partir das 7.00 horas. Os traballos van desenvolverse ata as 10.00 horas nas rúas Ravella, Ramón y Cajal, Arapiles, Cervantes, Gumersindo Nartallo e Duque de Rivas. A partires das 10.00, o operativo de limpeza trasladarase á rúa San Roque, ata o cruce con Ramón Cabanillas, e á contorna do parque Doctor Fleming, fronte ao Anexo A Lomba.
Nestes traballos empregaranse máquinas varredoras, de baldeo e de lavado de colectores de lixo.