Acertar que cidade era a desta imaxe tivo premio en "Saber y Ganar"
Por Redacción
Unha cidade "que ten historia e arte". Unha localidade turística "con sabor a mar". Esas foron as pistas que o concurso Saber y Ganar, que emite a diario La 2 de TVE, deu aos seus participantes nun reto no que debían saber de que lugar estaban a falar.
No programa que o concurso presentado por Jordi Hurtado emitiu este mércores, acertar que se trataba de Pontevedra tiña premio.
Para axudar aos concursantes, mostráronselles dúas imaxes. O conxunto escultórico do faladoiro, na Praza de San Xosé; e unha instantánea do mercado de abastos, na que unha das vendedoras exhibía unhas centolas.
Un dos "sabios" deste concurso, Jorge, acertou o reto á primeira. "Es Pontevedra", dixo tras ser animado polo presentador para dar unha resposta. "He estado en ella y creo que pasé por donde está la escultura", engadiu.
Tras confirmarlle que acertara, desde o programa explicaron a orixe deste conxunto escultórico, destacando que aparecen neles intelectuais como Castelao, Manuel Quiroga ou Ramón Cabanillas; e encomiando a "calidade excelente" dos produtos do mercado.
"Recomendamos que visiten Pontevedra", afirmou Jordi Hurtado, ao que o concursante que acertou este reto engadiu que "é unha cidade con moito encanto".
Relacionadas:
-
A lonxa do Grove comercializou 94,3 toneladas de centola a pasada campaña
Por Redacción |
-
Así é "Operación Marea Negra", a serie sobre o 'narcosubmarino' que Amazon estrea en febreiro
Por Alejandro Espiño |
-
O programa 'Ahora Caigo' pechou os seus dez anos na pantalla coa participación do vilagarcián 'Borjamina'
Por Marisa Ciordia |