Ferido grave un motorista nunha aparatosa colisión nocturna entre Marín e Moaña
Por Redacción
Un home de 47 anos resultou ferido grave e foi trasladado á unidade de críticos do Hospital Xeral de Vigo tras sufrir un accidente de circulación na estrada entre Marín e Moaña.
O sinistro produciuse ás 21.50 hora na estrada PO-313, no límite entre ambos municipios de O Morrazo, e consistiu na colisión entre un turismo BMW e unha motocicleta. A consecuencia do choque resultou ferido o motorista e ambos os dous vehículos rexistraron aparatosos danos.
A Central de Coordinación do 061 Urxencias Sanitarias de Galicia sinalou que ao lugar do accidente desprazáronse unha ambulancia asistencial, unha ambulancia medicalizada e persoal sanitario do PAC de Moaña, que trataron de reanimar ao motorista no punto.
A continuación, trasladárono ao Hospital Xeral, aínda que se temía pola súa vida debido ao alcance das feridas. O ferido responde ás iniciais L.S.S.