O PP de Poio critica a proposta de suba das tarifas no cemiterio de San Xoán
Por Redacción
O PP asegura que o Concello de Poio vai incrementar a taxa polo traspaso dos nichos e panteóns no Cemiterio de San Xoán en máis dun 100%.
O voceiro municipal do Partido Popular, Ángel Moldes, criticou o "afán recadatorio" do Goberno local.
Na proposta de Alcaldía proponse incrementar a contía da tarifa por traspaso da titularidade das concesións por herdanza xa existentes na Ordenanza fiscal reguladora do servizo de cemiterio vixente. O incremento proposto supón o paso de 12,48 euros por nicho a 25 euros por nicho e 90 por panteón.
Os populares aproveitarán a vindeira comisión para preguntar ao Goberno local "se aproveitarán a ocasión para converter en concesións as propiedades de tantos veciños de Poio, algo que causou tanto rexeitamento na veciñanza hai uns anos", indica Moldes.