Ladrón á carreira tras furtar un bolso nun pub
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Policía Nacional detivo a un veciño de Poio de 41 anos con antecedentes policiais como presunto autor dun delito de furto. Cometeuno na madrugada do sábado ao domingo ao levarse un bolso dun pub da rúa Charino, pero non conseguiu escapar co seu bote porque, cando saía á carreira do local, localizouno unha patrulla.
Os feitos sucederon o pasado día 10 de novembro. Unha patrulla a pé da Policía Nacional que realizaba tarefas de prevención da seguridade cidadá pola zona monumental, observou a un individuo saír de xeito apresurado dun pub da rúa Charino. Os axentes déronlle o alto nas proximidades da rúa Isabel II e observaron que arroxaba ao chan un bolso que levaba escondido baixo a súa cazadora.
Os axentes procederon á identificación do home e tras preguntarlle pola procedencia do bolso recoñeceu telo subtraído no interior do local de hostelería da rúa Charino. Un dos axentes dirixiuse ao local para tratar de localizar á propietaria do bolso, que levaba un intre buscándoo. Deixouno xunto con outras pertenezas nunha mesa á entrada do local.
A propietaria valorou en 610 euros o bolso e as pertenzas que había no seu interior, xa que tiña un teléfono móbil, cámara de fotos e lentes de sol, entre outros efectos. Finalmente, puido recuperalo.
CONSELLOS POLICIAIS
Desde a Comisaría Provincial recordan unha serie de consellos para tratar de evitar ser vítimas de posibles furtos. Sinalan que os 'descuideiros' buscan as aglomeracións xa que, tralo furto, poden camuflarse mellor entre a xente e evitar a resposta policial. Ademais, as pertenzas apenas permanecen uns segundos en mans do ladrón xa que enseguida pásanas aos seus cómplices.
Nas terrazas e bares o bolso non debe estar colgado do respaldo da cadeira, nin se deixarán as pertenenzas encima da mesa ou da barra. Especial atención requiren as saídas nocturnas a lugares de lecer, onde é habitual estar máis distendidos e relaxados e perder de vista as pertenencias, sobre todo os smartphones.