Salvamento rescata unha embarcación á deriva con dous tripulantes nas proximidades de Ons
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Salvamento Marítimo tivo que rescatar este martes aos dous tripulantes dunha embarcación que sufriu problemas mecánicos nas proximidades da illa de Ons e quedou á deriva.
Os tripulantes da embarcación Esturión lanzaron a chamada de socorro sobre as 16.00 horas e desprazouse ata a zona a embarcación Salvamar Sargadelos de Salvamento Marítimo. Remolcou o barco e aos seus tripulantes ata o porto de Portonovo.
Fontes do Centro Zonal Coordinacion de Salvamento Maritimo de Fisterra indicaron que se trata dunha embarcación pequena, de 4,5 metros de eslora, e no momento no que sufriu "problemas mecánicos" atopábase na zona interior da illa de Ons.