Planifican o arranxo dos 40 parques infantís de Ponte Caldelas
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas acometerá nas vindeiras semanas un plan integral de reparación dos preto de 40 parques de xogos para a cativada os que se reparten polas diferentes aldeas do municipio.
A maior parte están construidos con madeira e sofren o paso do tempo, coa choiva e humidade, polo que cada poucos anos, a maiores das labores de mantemento é importante acometer unha actuación integral sobre cada un deles.
Esta actuación permitirá reparar todos os danos que haxa nas randeeiras e aplicarlles os correspondentes tratamentos para mantelas en bo estado. Repoñeranse, ademais, todas as pezas ou elementos metálicos ou de madeira que puidesen faltar dos parque, farase unha limpeza en profundidade e pintaranse os elementos que así o precisen.
O alcalde, Andrés Díaz apunta "que os parques infantís estén en bo estado é moi importante, porque queremos que os nosos nenos medren felices e seguros, independentemente de que vivan no casco urbán ou no rural de Ponte Caldelas".