AJE Pontevedra outorgará o seu premio honorífico anual a Adegas Martín Códax
Por Redacción
A Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE) deu a coñecer a súa decisión de outorgar a Adegas Martín Códax o seu premio honorífico anual, nun acto de presentación celebrado esta venres na sede da adega en Cambados.
O premio enmárcase na XXV edición “Premios Xove Empresarix do Ano”, que concede anualmente AJE Pontevedra, e cuxa entrega oficial terá lugar o próximo 10 de marzo nunha gala que se celebrará en Pazo O Castriño (Vilagarcía de Arousa).
Mediante este título honorífico, a asociación quere poñer en valor o importante rol que desempeñan outras formas xurídicas como son as cooperativas dentro tecido socioeconómico da provincia e concretamente a Adegas Martín Códax como referente de modelo colaborativo para novas xeracións de emprendedores, tanto dentro como fóra do sector.
Durante a presentación desta mañá, Jesús Rey, presidente de AJE Pontevedra, destacou a traxectoria de Adegas Martín Códax como modelo a seguir polo seu "apoio constante" ao mundo da cultura e a hostalería, "mesmo nos momentos máis difíciles para ambos" tras a irrupción da pandemia; e polas súas políticas de sustentabilidade e responsabilidade social corporativa, "entre as que destacan as súas boas prácticas en materia de igualdade; a súa forte orientación á internacionalización así como a súa exitosa substitución xeracional".
Doutra banda, Xoán Allegue, presidente de Adegas Martín Códax, declarou que "este recoñecemento énchenos de alegría nunha semana na que a nosa compañía foi tamén recoñecida polas nosas boas prácticas con motivo do Día Europeo da Igualdade Salarial", pola implantación de medidas como son a xornada flexible, a reducción de xornada ou o teletraballo; todas elas orientadas a facilitar a conciliación dunha plantilla conformada actualmente por un 46% de homes e un 54% de mulleres na cal o 34% do persoal ten fillos menores de 12 anos.
"Todo elo facilita, non soamente que na plantilla haxa maior presenza de mulleres, senón que ademais sexan elas as que ocupan gran parte dos postos de responsabilidade e dirección de equipos", destacou.
Sobre a traxectoria da cooperativa, o presidente de Adegas Martín Códax engadiu que "sentímonos moi orgullosos de que os nosos socios máis novos, herdeiros de aqueles fundadores emprendendores de finais dos 80, continúen invertindo en novos viñedos máis sostibles e innovadores cada día, posibilitando así que a nosa bodega sexa cada vez máis competitiva e recoñecida en mercados máis esixentes".