O incendio dun televisor obriga a desaloxar unha vivenda en Poio
Por Redacción
Dous veciños de Poio, un home e unha muller, foron evacuados a un centro hospitalario afectados por inhalación de fume debido a un incendio nunha vivenda en Poio por un curtocircuíto nun televisor.
Segundo informa o 112, o suceso aconteceu ás 22.32 horas na noite do mércores.
Protección Civil indicou que o incendio se debeu a un curtocircuíto nun televisor, polo que procederon a ventilar, xunto cos Bombeiros de Ribadumia.
O 061 desprazou ao punto, segundo sinalaron fontes sanitarias, unha ambulancia medicalizada, que trasladou ao Hospital Montecelo á muller A.A.M., de 87 anos e ao varón de 45 anos, F.J.D.A., afectados por inhalación de fume.