Unha hora sen alcohol na noite pontevedresa a través de 'A hora lixeira'
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Oito locais de copas de Pontevedra participan no programa 'A hora lixeira' que se desenvolverá durante os días 28, 29 e 30 de novembro. Trátase dunha iniciativa na que se busca evitar o consumo de alcohol por parte dos máis novos a través doutras alternativas como cervexa sen alcohol ou cócteles elaborados con refrescos e bebidas non alcóholicas. Estas bebidas serán regaladas aos mozos acompañadas de salchichas elaboradas en Galicia e comida vexetariana.
Previamente, o 18 de novembro, a Casa Azul acollerá unha charla formativa destinada aos traballadores da hostalaría de Pontevedra e arredores á que tamén están invitados os alumnos do Centro de Hostalaría Carlos Oroza, segundo explicou a concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces.
Estas actividades englóbanse dentro do programa Servizo Responsable que fomenta o Ministerio de Sanidade en colaboración coa Federación de Municipios e Provincias e coa Federación española de hostaleiros coa intención de fomentar un ocio responsable e saudable no que participa o Concello de Pontevedra.