Acordoan varios edificios de Riestra por un desprendemento de fachada
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra tivo que acordoar de madrugada o ámbito do edificio número 56 da rúa Riestra ante o risco producido por un desprendemento de fachada.
Segundo informou a Policía Local, recibiron alerta do sucedido na madrugada do xoves ao venres e unha patrulla desprazouse ao lugar para sinalizar cun cordón policial a zona, seguindo o protocolo habitual nestes casos.
En concreto, acordoáronse os tres baixos que rodean o citado edificio para impedir aos transeúntes achegarse á fachada do inmoble, da que caera un cascote e que podería ter risco dun novo desprendemento.
Segundo transcendeu, o Concello xa se puxo en contacto co propietario do edificio para darlle orde de que reparase fachada.