A potenciación do Camiño Portugués, centro da reunión do Eixo Atlántico en Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Comisión Delegada de Turismo do Eixo Atlántico celebrou este martes unha reunión na Casa das Campás de Pontevedra.
Alí os respresentantes da práctica totalidade das 40 cidades de Galicia e Portugal que compoñen o organismo, abordaron diversos asuntos, como a necesidade de pontenciar o Camiño Portugués.
Neste sentido o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, anunciou unha próxima reunión co presidente da Xunta de Galicia para tratar a promoción da opción portuguesa do Camiño co obxectivo de equiparala á ruta francesa.
A xuntanza pontevedresa estivo presidida pola concelleira de Turismo, Carlota Román, quen sinalou a necesidade dun maior investimento na sinalización e conservación do Camiño dende o país veciño.