Alumnos do instituto de Ponte Caldelas participan en talleres contra a violencia de xénero
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Instituto de Ponte Caldelas, da man do Centro de Información á Muller (CIM), puxo en marcha unha serie de talleres destinados á prevención e tratamento integral da violencia de xénero.
Estes talleres, destinados a alumnos de segundo e terceiro da ESO e de ciclos formativos, desenvolveranse en catro sesións co obxectivo de que os mozos reciban consellos e ensinanzas relacionadas coa igualdade entre sexos ou a tolerancia.
Ademais, a partir do día 21 de outubro poñerase en marcha outro taller sobre a transición de roles e estereotipos por medio da publicidade, algo que segundo o CIM "ten unha especial incidencia nos mozos destas idades".