Dúas persoas resultan feridas e nove coches danados nun accidente rexistrado en Marín
Por Redacción
Dúas persoas precisaron asistencia sanitaria despois de colidir dous vehículos, no concello de Marín.
Segundo informou o 112, todo comezou cando faltaban poucos minutos para ás dúas desta madrugada. A esa hora, este servizo de emerxencias recibía a chamada dun particular informando dunha colisión entre dous vehículos, na Avenida de Ourense e solicitaba asistencia sanitaria par os dous ocupantes dun dos turismos afectados.
Con estes datos, os xestores do CIAE 112 Galicia deron aviso aos servizos sanitarios, á Policía Local e, por se fose precisa a súa intervención, tamén se notificou o accidente aos Bombeiros do Morrazo e a Protección Civil da localidade.
Na colisión, ademais dos dous coches implicados, resultaron danados polo menos outros sete vehículos que estaban aparcados.