Un traballador perdeu a vida tras sufrir unha caída desde un tellado en Poio
Por Oskar Viéitez
Un traballador perdeu a vida tras sufrir unha caída desde un tellado dun edificio en rehabilitación situado na Avenida da Barca.
O suceso ocorreu sobre as tres da tarde, segundo informou o 112 Galicia. O traballador precipitouse desde unha altura dun cuarto piso a un patio de luces.
O 112 explicou que, á súa chegada ao lugar, os sanitarios nada puideron facer por salvalo.
O falecido é o dono da empresa que está a acometer a reforma, que ten sede na parroquia sanxenxina de Vilalonga.
Ademais dos efectivos do 061, acudiu a Policía Local de Poio e foron avisados a Garda Civil e o GES de Sanxenxo.