![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/805/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/61cdb16a4f-20211230-patxot-ence-3468.jpg)
© Mónica Patxot
Concentración para demandar á dirección de Ence que manteña a quenda de noite na portería da fábrica
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/f95/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/61cdb15bba-20211230-patxot-ence-3469.jpg)
© Mónica Patxot
Persoal de Ence, convocado polo comité de empresa da fábrica, concentrábase este xoves 30 diante das portas da factoría en Lourizán en solidariedade cos traballadores de portería da quenda de noite.
Toño Lafuente, presidente do comité de empresa de fábrica, pide á dirección de Ence que recapacite e dea marcha atrás na decisión de eliminar a partir do 1 de xaneiro a quenda de noite na portería de acceso ao recinto.
Afirma que esta decisión carece de xustificación e supón a perda de tres postos de traballo de persoal pertencente á subcontrata que realiza a súa función na planta pasteira situada na ría de Pontevedra.
Ademais, o presidente do comité alerta de que a supresión pode crear un problema de "seguridade gravísimo" porque as funcións que exercía este persoal serán asumidas agora a través dunha central externa, con sede fóra do municipio de Pontevedra.