O Sergas habilitará no Recinto Feiral de Pontevedra un punto para realizar probas de antíxenos á poboación
Por Redacción
O Concello de Pontevedra volve a poñer a disposición do Sergas as instalacións do Recinto Feiral para a atención dos usuarios da área sanitaria de Pontevedra. Esta semana, o Sergas trasladou ao Concello a necesidade de utilizar unha parte do Recinto Feiral, nesta ocasión, para realizar probas de antíxenos á poboación.
Logo de conversas entre o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o xerente da área sanitaria en Pontevedra, José Ramón Gómez, acordouse poñer a disposición do Sergas a parte alta do Recinto Feiral, de tal modo que os usuarios poderán entrar polo estacionamento superior do Pazo para realizar as probas.
A posta a disposición foi o pasado día 23, momento en que o xerente se puxo en contacto co alcalde, polo que o seu uso sería inmediato. O tempo estimado da cesión será até finais de xaneiro.
Relacionadas:
-
O punto de test de antíxenos trasládase ao exterior do Hospital Provincial e só abrirá martes e xoves
Por Natalia Puga |
-
Sanidade habilita a sede da Xunta en Campolongo como centro de vacinación masiva
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Pontevedra busca espazos alternativos ao Recinto Feiral para o 'vacunódromo'
Por Alejandro Espiño |