Trasladado a Montecelo despois de caer da estada dunha obra en Lérez
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un home de 43 anos, resultou ferido nun accidente laboral mentres traballa na obra dunha casa no lugar de Casal Novo, Lérez.
O suceso aconteceu arredor das 10:30 horas da mañá deste mércores cando o accidentado se precipitou dende unha estada de metro e medio de altura.
Ao lugar dos feitos achegáronse efectivos de Policía Nacional, Policía Local de Pontevedra e 061, trasladando estes últimos ao ferido ao Hospital de Montecelo.