Os 'Peque chefs' cociñarán no mercado de Sanxenxo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os nenos de 6 a 12 anos de idade son os destinatarios do curso de cociña que a asociación de praceiros do Mercado Municipal de Abastos de Sanxenxo celebrará os sábados de novembro, de 11.00 a 13.00 horas.
Con esta iniciativa, que será gratuíta para os participantes, os vendedores pretenden implicar os escolares na importancia de adquirir e cociñar produtos frescos, ao tempo que servirá para achegalos ás instalacións e que coñezan de primeira man a actividade que alí se realiza.
Os asistentes a este taller denominado 'Peque Chef', co que colabora a Federación de Prazas de Abastos de Galicia, aprenderán a cociñar e tamén escollerán nos distintos postos de venda aqueles alimentos que precisarán para elaborar as súas receitas que, posteriormente, tamén degustarán.
Para sumarse a esta actividade, que se desenvolverá os días 9, 16, 23 e 30, tan só será necesario anotarse antes do día de inicio no Mercado Municipal de Abastos de Sanxenxo.