O CEIP da Laxe pon a proba a súa reacción ante as emerxencias
Por Redacción
Medir a capacidade de reacción de toda a comunidade escolar coa fin de afrontar da mellor maneira posible unha situación de emerxencia. Esa foi a proba que se fixo este venres no CEIP da Laxe de Marín.
Para este simulacro ninguén estaba avisado, co obxectivo de poñer a proba a todo o centro.
O profesorado, que xa fora formado para saber como actuar nestas situacións, guiou e acompañou ao alumnado nesta evacuación.
Así, houbo mestres escoba, encargados de supervisar a evacuación total das aulas, mentres todo o alumnado, sempre acompañados dun docente, ía abandonando o centro e saíndo ao patio exterior.
Neste simulacro, que se realizou a primeira hora da mañá, participaron efectivos dos servizos de emerxencia para que todo fora o máis real posible.