Atopan un cogomelo xigante nos montes de Pontevedra
Por Redacción
Un afeccionado á micoloxía que se atopaba este domingo percorrendo os montes de Pontevedra para recoller cogomelos localizou un exemplar xigante de Agaricus Bisporus coñecido como bola de neve cun diámetro de 24 centímetros de sombreiro. Trátase dun cogomelo común, tamén denominado cogomelo de París.
Esta especie é máis habitual atopala en primavera, pero tamén aparece, como nesta ocasión, en outonos que veñen marcados por temperaturas suaves.
ÿ o cogomelo máis consumido en occidente.