Esta noite cambia a hora. Ás 3:00 serán as 2:00
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
No medio dun debate sobre a conveniencia de cambiar definitivamente de fuso horario e a posibilidade de mantelo estable todo o ano, esta madrugada, de sábado a domingo, volve cambiar a hora.
Desta forma, ás 3:00 horas pasarán a ser as 2:00, tendo que atrasar polo tanto unha hora os reloxos.
Esta medida, segundo os datos facilitados pola Consellería de Economía e Industria, supoñerá un aforro estimado do 0,4% do consumo eléctrico de Galicia polo maior aproveitamento da luz solar.