![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/53486d4b43c9f-correos-2.jpg)
© Concello de Ponte Caldelas
Correos estrea as súas novas oficinas de atención ao público en Ponte Caldelas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Ponte Caldelas dispón de novas oficinas de Correos. Operarios do servizo postal procederon este venres a realizar o traslado das vellas dependencias ás recentemente inauguradas no baixo do número 22 da rúa José López Boullosa.
O Concello de Ponte Caldelas axilizou ao máximo a concesión de licenza de obras e instalacións do novo local, tendo en conta que Correos precisaba mudarse das dependencias que viña utilizando na Praza da Lama desde hai anos, xa que non reunían as mínimas condicións para prestar un adecuado servizo postal.
Así mesmo, o goberno local procederá a reservar unha zona permanente de carga e descarga co fin de facilitar aos operarios da empresa postal unha maior facilidade á hora de prestar o debido servizo aos cidadáns.
As novas oficinas de Correos en Ponte Caldelas están situadas no do número 22 da rúa José López Boullosa e ten unha superficie de 240,40 metros cadrados. De acordo cos datos do proxecto, a nova oficina ten unha superficie útil de 216,65 metros cadrados distribuídos nas seguintes zonas: vestíbulo de acceso, área pública, dirección, área de vendas, paquetería, circulación, área operativa, almacén, cuarto técnico, cartería, SGIE, área interna (aseos/vestiarios) e outras instalacións.
A vella oficina de Correos estaba situada na Praza da Lama e xa fora obxecto de varias reclamaciones por parte dos representantes sindicais de Correos desde o ano 2007, que entendían que a mesma non reunía os requisitos adecuados para poder prestar un servizo acorde coas necesidades dos usuarios e os propios traballadores.