A Praza de España acollerá novas propostas municipais para facer ximnasia na rúa

Por Redacción
O programa de Ximnasia na Rúa volve cunha nova proposta aberta a tódolos públicos, na que se poderá participar mediante inscrición previa a través do teléfono 986 187 339.
Será o vindeiro venres 19 de novembro na Praza de España, en horario de 18:00 a 21:00 horas, e suporá o despregue dunha oferta deportiva con propostas para tódolos gustos: bodyjump, gluteboom, fitball percussion e spinning.
Esta iniciativa está impulsada pola Concellería de Deportes en colaboración coas firmas Exalta Centro Deportivo e Nordés Sports SL dentro do programa A Vida é Movernos.
Con este programa municipal xa se organizaron talleres de danza urbana, break dance, bodyfulness, ioga, risoterapia, andainas, marcha nórdica ou percuterapia
A Praza de España converterase pois nun ximnasio ao aire libre, no que, ademais de bicis de ciclo indoor, tamén haberá trampolíns, gomas, fitballs, bases de steps, baquetas, escenario, sistema de son e iluminación e un equipo humano conformado por oito persoas.
Relacionadas:
-
Obradoiros de Defensa Personal para Mulleres, novos protagonistas do programa 'A Vida é Movernos'
Por Redacción |
-
O programa municipal 'A Vida é Movernos' queima calorías na Praza de España
Por Redacción |
-
A marcha nórdica aséntase en Pontevedra cun Campionato de España en 2022
Por Redacción |
-
O coreógrafo Rafa Méndez formará a bailaríns en Pontevedra
Por Redacción |
-
A Alameda acollerá obradoiros de Percuterapia
Por Redacción |
-
166 persoas participaron na camiñada de Ponteandadas polo río dos Gafos
Por Redacción |
-
O pavillón do CEIP A Xunqueira II réndese ao Bodyfulness
Por Cristina Saiz & Redacción |