Unha traballadora ampútase un dedo nun accidente no Campiño
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha muller resultou ferida e tivo que ser derivada ao Hospital Povisa de Vigo tras sufrir un accident laboral este venres nunha fábrica do polígono industrial de O Campiño.
Por motivos que se descoñecen, a muller amputouse un dedo. Ao lugar desprazouse unha ambulancia do 061 e, tras unha primeira valoración e asistencia in situ, o equipo sanitario decidiu o seu traslado ao hosital vigués para intentar implantarlle o medio amputado.
Fontes consultadas confirmaron que o accidente produciuse sobre as 13.30 horas nunha empresa dedicada ao peixe conxelado situada na Rúa das Mámoas desta zona empresarial, na parte pertencente ao Concello de Pontevedra.