Novas oficinas de Correos en Ponte Caldelas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Ponte Caldelas dispón de novas oficinas de Correos dende este venres en que operarios do servizo postal procederon a realizar o traslado das vellas dependencias ás recén inauguradas no baixo do número 22 da rúa José López Boullosa.
O Concello de Ponte Caldelas axilizou a concesión de licenza de obras e instalacións dese novo local que Correos precisaba para deixar as que empregaba na Praza da Lama que non reunían as mínimas condicións para prestar un axeitado servizo postal.
A nova oficina conta cunha superficie de 240,40 metros cadrados.
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, manifestou a súa satisfacción pola apertura destas novas instalacións de Correos no municipio que veñen a supoñer unha modernización e mellor atención ao cidadán ao tempo que se dá unha resposta axeitada ás demandas dos traballadores para poder prestar en condicións normais o servizo.