Defensa recruta en Pontevedra a 85 aspirantes para a escala de Tropa e Mariñeiría
Por Redacción
O Ministerio de Defensa pechou o segundo ciclo do proceso selectivo 2021 para o ingreso como militar profesional da escala de Tropa e Mariñeiría das Forzas Armadas, con notable afluencia de peticións na provincia de Pontevedra.
Para este segundo ciclo, recibíronse no Centro de Selección da Subdelegación de Defensa na nosa provincia 351 solicitudes (282 homes e 69 mulleres) para tomar parte no proceso. Finalizado o mesmo, 68 pontevedreses obtiveron praza.
Igualmente, foron admitidos no Centro de Selección pontevedrés un total de 17 aspirantes procedentes da provincia de Ourense, o que fai un total de 85 seleccionados (71 homes e 14 mulleres). Deles, 72 irán a unidades do Exército de Terra, 11 á Armada e 2 ao Exército do Aire.
Desde a Subdelegación de Defensa destacan que "as Forzas Armadas proporcionan unha profesión de futuro, onde se poden continuar os estudos", xa que se obteñen títulos do Sistema Educativo Xeral (de Grao e de Técnico Superior), "e tense a posibilidade de proxección", tendo en conta que se reservan moitas prazas para promoción interna.