El Granero, Peluquería Ana Barros e Pepa y Punto gañan o concurso de escaparatismo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O xurado da campaña "O Meu Compromiso" fixo públicos os nomes dos tres establecementos comerciais gañadores do seu concurso de escaparatismo, que recibirán un premio de 600 euros da man da concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco. Son: "El Granero", "Peluquería Ana Barros" e "Pepa y Punto".
No concurso participaron un total de 42 establecementos, distribuídos por tres zonas distintas.
Houbo sete representantes da zona 1, de materiais reciclables, próximos ao punto de Rosalía de Castro (Piliña Vivancos, Mission Surf Shop, Mundo Verde, Xoiería Palamios, Viajes Eroski, La Ventana Natural Herbolario e Expendiduría 19).
Tamén 21 participantes da zona 2, de fibras naturais, do contorno da Praza de Ourense (La Artesa, Amo Galicia, Pilar Delmas Filgueira, Mercería Jota, Carnaby, Fentos, Joyería Martínez Vilanova, Milagros Molero, Calzados El Precio Justo, Óptica Lafuente, Lanas Teresa Tobío, Sunset Pontevedra, Peluquería Ana Barros, Ricar, A3 Papelería Técnica, Zapatillería Mora, Casa Sada, Dequip Pontevedra, POT, Centro Especial de Empleo Emeene e Ecosabor).
E outros catorce da zona 3, de plantas e madeiras, da área de Loureiro Crespo (Espazo Lector Nobel, Comercial Minia, Liz Esperón, M de Mamá, Mister Baby, Macos Moda Hombre, Frutería Sonia, Fentos Joyería, El Desván, Pepa y Punto, Librería Depapeis, María José Lois ‘Cuaderna Maestra’, Sube Aminube e Lawen Art Studio).
Relacionadas:
-
Ana Barros Peluquería, a referencia en Pontevedra en perrucas oncolóxicas
Por Noticia patrocinada |
-
Visita do xurado do concurso de escaparatismo O Meu Compromiso aos 42 comercios participantes
Por Redacción |
-
O Meu Compromiso, unha aposta por un comercio sostible e de proximidade
Por Redacción | Creada e actualizada