Os Bombeiros interveñen en Rosalía de Castro ante a caída de cascotes
Por Redacción
Ás 22:44 horas da noite do luns, dúas unidades dos Bombeiros de Pontevedra e un coche da Policía Local trasladábanse ata a rúa Rosalía de Castro tras recibir unha chamada por producirse desprendementos de cascotes do edificio número 48 desa rúa.
Os Bombeiros acudiron ata a zona e retiraron da fachada as pezas que puidesen continuar desprendéndose do edificio, ante as fortes chuvias que se estaban a rexistrar nese momento.
A zona quedou acordoada por parte da Policía Local para evitar que algunha persoa puidese sufrir feridas pola caída dos cascotes.
Os Bombeiros tamén tiveron que trasladarse ás 22:32 ata Cerponzóns debido á caída dunha árbore.
Tamén os Bombeiros de Vilagarcía de Arousa tiveron que trasladarse pola noite ata a Illa de Arousa debido a que a caída dunha árbore danou o tendido eléctrico.