A Fundación Amigos de Galicia recollerá alimentos na Peregrina todos os luns
Por Redacción
Todos os luns, na praza da Peregrina unha unidade da Fundación Amigos de Galicia recollerá alimentos, tapóns ou calquera outro recurso que poida servir para axudar as familias que se encontran nunha situación económica complicada. A Fundación Amigos de Galicia con sede en Vilagarcía e en Vigo atende a máis de 500 familias en Pontevedra e a máis de 26.000 persoas en Galicia.
Os Servizos Sociais dos distintos concellos derivan este colectivo ás persoas que se encontran nesta situación. A Fundación atende, sobre todo, neste momentos a familias cuxos membros se encontran no paro e non contan con recursos económicos. A Fundación ofrécelles paquetes de comida. Ademais, segundo sinalou ÿscar Piñeiro, tamén colaboran coa dotación de material escolar, zapatillas para os nenos nas escolas e outras campañas de para cubrir necesidades básicas.
O integrante da Fundación indica que se pode colaborar levando botes de cacao, leite de primeira lactación ou apuntándose para ser voluntario deste colectivo. "Non buscamos cartos senón que a xente se conciencie porque existe unha problemática en Galicia, porque vos nos vos veciños procuran dá nosa axuda" indica ÿscar Piñeiro.