Manuel Seijo, neurólogo: "Una de las falacias es que se achaca el Alzheimer al envejecimiento normal, eso es falso"
Por Redacción
O Auditorio de Vilagarcía acolle este luns 21 de outubro ás 20 horas unha charla informativa sobre a enfermidade de Alzheimer. Unha conferencia que se engloba dentro das establecidas pola Deputación de Pontevedra e a Fundación Colexio Médico de Pontevedra para a divulgación de cuestións relacionadas con esta enfermidade que afecta especialmente a persoas maiores e que rematan tendo consecuencias sobre as persoas que as coidan.
O doutor Manuel Seijo Martínez é o xefe do Servizo de Neuroloxía dos Hospitais de Pontevedra e conta cunha ampla experiencia sobre estes casos: "Hay mucha desinformación sobre esta enfermedad. Y sin embargo, se calcula que sus costes son similares a los del cáncer y a las enfermedades cardiovasculares".
En Pontevedra, cada ano diagnostícanse preto de 800 novos casos de pacientes que sofren esta enfermidade. Na área de Pontevedra xa hai ao redor de 4.500 persoas afectadas por este mal que vén determinado pola perda de memoria a curto prazo. Debido á súa maior lonxevidade, as mulleres son as que máis sofren estes problemas neurolóxicos. De aí, sinala Seijo Martínez, que sexa moi importante diagnosticalo pronto para ofrecer un tratamento precoz que é o que mellores resultados presenta.
O neurólogo indica que o habitual é que afecte a persoas que superaron os 65 anos, non obstante encóntranse casos de pacientes con tan só 40 anos, normalmente derivados de problemas xenéticos. Seijo sinala, non obstante, que "una de las falacias es que se achaca la enfermedad al envejecimiento normal, eso es falso. Lo normal es llegar a la edad a la que uno tiene que llegar con la noción cognitiva intacta. La enfermedad es independiente del envejecimiento".
Os síntomas habituais derívanse de problemas de memoria a curto prazo. "Preguntan por las cosas que hizo ayer, por ejemplo. Es poco habitual que un paciente de Alzheimer venga solo a una consulta y el paciente no se da cuenta de que está sufriendo la enfermedad", afirma Manuel Seijo, que apunta que o problema remata por afectar os coidadores que tamén precisan de consellos e coñecementos para saber como actuar ante esta enfermidade.
Dende o servizo de Neuroloxía da área sanitaria norte de Pontevedra aconsellan para intentar previr esta enfermidade que se manteña a cabeza activa e a realización de exercicio físico.
Nas conferencias que puxo en marcha a Deputación en 42 concellos abordaranse aspectos como prácticas de prevención, os primeiros síntomas da enfermidade, técnicas para atrasar o seu avance e tratamentos segundo as fases que atravese o paciente.