A Policía detén dous menores por furto
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional da Comisaría Provincial de Pontevedra procederon á identificación de dous menores de idade, como presuntos autores dun furto nun establecemento comercial de Pontevedra.
Os feitos sucederon sobre as 18.30 horas da tarde do día 15 de outubro, cando os axentes que se encontraban polas inmediacións da rúa Benito Corbal, sorprenderon dous menores cando abandonaban o local ocultando varias pezas nunha bolsa e saían fuxindo.
Os axentes lograron interceptalos na Praza de Barcelos e tras identificar os menores trasladáronos a dependencias policiais onde foron identificados e tras o cal contactaron cos seus proxenitores.
Os axentes procederon á incautación das pezas, valoradas en case 100 euros, que entregaron no establecemento comercial onde foran subtraídas.