![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/525c409750989-lafoto4.jpg)
© Protección Civil de Vilanova de Arousa
Un vehículo remata baixo unha viña de Baión ao saír da vía
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Ás 18 horas deste luns 14, un vehículo saíase da vía por causas aínda por determinar na estrada entre Pontevedra e Vilagarcía de Arousa. O condutor perdía o control do turismo que, ao saírse da estrada e impactaba contra unha viña na parroquia de Baión, segundo informaba o Servizo de emerxencias 112.
O único ocupante do vehículo sufriu feridas leves e foi trasladado por unha ambulancia de Urxencias Médicas, segundo sinalaban efectivos de Protección Civil de Vilanova de Arousa que acudiron ata o lugar ao igual que a Garda Civil de Tráfico.