Rosalía de Castro 'vístese á moda' co desfile PONMO na Rúa
Por Redacción
PONMO despedía ao grande a súa primeira edición o pasado 28 de setembro. Facíao cun desfile no Recinto Feiral na que cinco firmas galegas presentaban as súas novas coleccións. Poñíase así punto e final un evento que volveu situar a Pontevedra no circuíto da moda galega. O único 'lunar' foi a suspensión dun dos seus desfiles. A choiva impediu a celebración do denominado 'PONMO na rúa'.
Dúas semanas despois, os organizadores de PONMO quixeron retomar a actividade cancelada. A rúa Rosalía de Castro converteuse por unhas horas nunha auténtica pasarela de moda. Catro comercios da rúa, Quomo, Mepiachi, Boss two e Homes, presentaron catro estilismos coa roupa da nova tempada. Fixérono sobre unha alfombra situada entre a praza de San José e o paso de peóns da Audiencia.
Estes estilismos completáronse coas lentes de ÿptica Revenga e zapatos de Daniella, outros dous establecementos comerciais da zona.
O desfile atraeu a atención de numerosos curiosos que, coa súa presenza, apoiaron esta actividade enmarcada dentro da programación da primeira edición de PONMO.
Relacionadas:
-
PONMO despídese cun desfile de Baena, Dioxide, Hipotenusa, Gonzalo Vázquez e Alalá Alta Costura
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Mónica Guillán e María Viqueira, triunfadoras do certame de novos deseñadores de PONMO
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
O talento de cinco ex alumnos de Esdemga deslumbra na inauguración de PONMO
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |