Rouban a furgoneta dunha funeraria ás portas da igrexa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Policía Nacional mantén aberta unha investigación para aclarar o roubo da furgoneta dunha funeraria mentres esperaba á saída do Templo Novo de Marín a que se oficiase un funeral. Os asistentes e o féretro estaban no interior da igrexa.
Segundo informaron fontes policiais, o roubo aconteceu sobre as 13.50 horas do mércores. Os empregados da funeraria deixaran as chaves postas no contacto da furgoneta marca Mercedes mentres esperaban a que rematase o funeral para trasladar ao cemiterio achegados do falecido e as coroas e flores antes do enterro do falecido.
A furgoneta estaba no lateral da igrexa. Unha persoa que aínda non foi identificada aproveitou un despiste dos empregados para levarse o vehículo, rotulado co nome de servizos funerarios Rías Baixas. Nese momento non tiña dentro flores, coroas nin ningún tipo de material necesario para a celebración do enterro, pois todo se encontraba dentro da igrexa.
Fontes policiais confirmaron que, ata o momento, non puido localizarse a furgoneta.