A Escola Naval de Marín participará no desfile do día da Festa Nacional en Madrid
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os alumnos da Escola Naval Militar tomarán parte o próximo 12 de outubro na parada militar que se celebra en Madrid con motivo do Día da Festa Nacional.
Presidido polo Príncipe de Asturias, o desfile militar contará, como cada ano, coa participación dunha Escuadra de Gastadores composta por 7 alumnos e unha compañía de 81 alumnos da Escola Naval Militar ao mando dun tenente de navío profesor.
Os actos terán lugar na zona dos Paseos do Prado e de Recoletos, dende a Glorieta do Emperador Carlos V ata a Praza de Colón en sentido Sur-Norte, a partir das 10.30 horas.
Os alumnos da Escola Naval marinense desfilarán integrados o Batallón de Alumnos da Armada, ao mando do Xefe de Instrución da Escola Naval Militar, o capitán de corveta Gonzalo Leira Neira. Este Batallón de Alumnos formará parte da Primeira Agrupación a pé (Garda Real e Centros de Ensino), que estará ao mando do Comandante Director da Escola Naval, o capitán de navío Juan Luis Sobrino Pérez Crespo.