Tres accidentes con feridos en Sanxenxo, Meis e Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Servizo de alertas do 112 recibiu ás 5.18 da madrugada do xoves o aviso dun accidente en Sanxenxo. Concretamente na Vía rápida do Salnés, VG4.1 no quilómetro 22, dirección O Grove.
Dúas persoas foron trasladadas en ambulancia ata un centro hospitalario da capital tras resultar ferida polo xiro do turismo no que viaxaban.
En Pontevedra foi un particular o que alertou as 8:24 horas da mañá dun accidente na rotonda dos Praceres ao colisionar un camión e un turismo. Ata o lugar do suceso acudiu unha ambulancia de Urxencias Médicas ademais da Garda Civil de Tráfico.
Igualmente, o 112 informou doutro accidente a primeira hora da mañá na recta da Goulla, no municipio de Meis. O sinistro oucrrió ás 8:21 horas deste xoves no quilómetro 13,5 da estrada PO-531.
Xunto á presenza da Garda Civil de Tráfico foi requirida a asistencia de Protección Civil para realizar labores de mantemento na estrada.