A sede de Protección Civil deixará de ter filtracións de auga
Por Redacción
Preto de 23.000 euros vai a investir o Concello de Poio nunha serie de traballos de mantemento que se van a realizar na sede de Protección Civil, situada na zona da Reiboa. O investimento será asumido con cargo ás arcas municipais.
A actuación centrarase fundamentalmente na fachada exterior e, máis polo miúdo, na substitución das fiestras actuais, segundo explicou a edil de Seguridade Cidadá, Marga Caldas.
O obxectivo é acabar cos problemas de filtracións de auga que se rexistran durante as épocas de choivas, acadando un illamento moito máis efectivo. Caldas agarda que esta actuación sexa de utilidade para o colectivo de voluntarios, que realiza un "gran labor" para toda a veciñanza "de xeito altruísta".
Ademais, Poio financiou recentemente a adquisición de uniformes para os membros de Protección Civil, servizo que pasará a contar tamén cunha 'pick up' adaptada para diversos traballos, entre eles a extinción de lumes.
A adquisición deste vehículo axudará a axilizar o tempo de intervencións e facilitar a chegada de efectivos a lugares de difícil acceso.