Veciños da Rúa Santiña denuncian o seu "lamentable estado" por falta de limpeza
Por Redacción
A veciñanza da Rúa Santiña denuncia o "lamentable estado" por falta de limpeza do vial que vai desde o aparcadoiro do supermercado Mercadona ata a Gándara.
Segundo informaron a PontevedraViva, esta situación está a sufrirse desde fai varios meses sen que, ata o momento, se teña intervido para arranxala.
Indican que levan desde o mes de abril solicitando que fosen rozar pero "los márgenes siguen igual". De feito, "te comes los hierbajos y las silvas te dan en los ojos como ya tiene pasado".
Por este motivo, reclaman ao goberno local unha rápida intervención de limpeza do vial.