O PP apoia o ANPA do Álvarez Limeses para que o edificio anexo se reforme e poida ser utilizado
Por Redacción
O Partido Popular de Pontevedra reiterou o seu apoio coa Asociación de Nais e Pais do colexio Álvarez Limeses para a reforma do edificio anexo ao centro e o seu posterior uso como instalación educativa.
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto coas concelleiras Pepa Pardo e Silvia Junco, reuniuse co presidente da ANPA, recalcando a necesidade de que o edificio pase ao dispor do profesorado e alumnado.
O inmoble, de titularidade municipal, mostra un "estado de abandono por parte do Goberno local", indicou Domínguez, que solicitará á Xunta de Galicia o arranxo integral do inmoble para que se beneficien os 450 alumnos do centro e as 260 familias.
"Debemos ser coidadosos con como se atopa o edificio, e máis se cabe ao estar á beira deste centro educativo. Pedimos que a Xunta acometa unha mellora integral co fin de liquidar as necesidades do colexio e que o citado inmoble poida ser destinado a usos educativos", explicou o presidente do PP.