Vinte veciños de Ponte Caldelas viviron unha xornada de barranquismo no Río Verdugo
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas organizou unha xornada gratuíta de barranquismo no Río Verdugo.
Foron 20 persoas as que participaron onte domingo nesta actividade de aventura que ten lugar nas Pozas da Roca, nun barranco que é dos máis completos de Galicia, pois dispón de 3 rappel e un espectacular paso baixo cascada.
O Concello de Ponte Caldelas puxo en marcha unha xornada gratuíta para empadronados e foron 20 veciños os que quixeron vivir unha experiencia única nunha paraxe espectacular, como son as pozas que forma o Río Verdugo entre os lugares de A Roca e Cuñas.
O barranquismo que se realiza no Río Verdugo é de nivel medio, pois conta cunha gran variedade saltos de media altura (aínda que todos son voluntarios e dispoñen dunha vía alternativa), diferentes tobogáns, descensos con corda realizando rappel e unha tirolina acuática pola que se descende a toda velocidade ata chegar directamente á auga.