Ferido grave un motorista en un accidente en Cerponzóns
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O servizo de Emerxencias 112 informou dun accidente de tráfico ás 8:38 horas na estrada Nacional 550 á altura da parroquia pontevedresa de Cerponzóns no que resultou ferido grave un motorista tras colisionar cun coche.
Segundo explicaron os axentes da Garda Civil presentes no lugar do suceso o condutor do automóbil que se dirixía en sentido Santiago realizou un xiro á esquerda sen respectar a preferencia que tiña o piloto da moto.
Como consecuencia do forte impacto o motorista resultou ferido grave presentando unha fractura na perna, sendo trasladado en ambulancia ao Hospital Domínguez. Ata o lugar do accidente tamén acudiu Protección Civil.